Traballadores do Hospital do Salnés reclaman máis seguridade no centro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/05/protesta_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/05/protesta_hospital_salnes.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Máis seguridade no Hospital do Salnés. Esta é a reclamación dos traballadores da segunda planta do centro, que na última semana están a sufrir ameazas por parte do acompañante dunha paciente.

A paciencia dos traballadores da segunda planta do Hospital do Salnés rematouse o pasado venres.

Pero este suceso non foi algo illado. Nos últimos dez días estanse a suceder estes episodios, con ameazas e insultos por parte deste home, acompañante dunha paciente e coñecido xa pola plantilla.

Denuncian que o persoal do hospital ten que enfrontarse a estas situacións con certa frecuencia, e reclaman unha maior seguridade no centro.

Critican, ademais, a actitude da dirección do Salnés, e piden á xunta de persoal que negocie un protocolo de seguridade activo para este tipo de situacións.

Pola súa banda, a Área de Xestión Integrada informou da súa decisión de poñer os feitos en coñecemento do Xulgado a través de catro denuncias diferentes, así como tamén da Fiscalía, para pedirlle que adopten medidas que restrinxan o acceso ao Hospital.