Na ponte de decembro chega a Cambados o II Cat Café

CAMBADOS> II Cat Café en Cambados. Despois da primeira edición e dun ano no que non se celebrou volve esta actividade ao Salón José Peña, no que poderán coñecer de preto a diferentes gatos que polo de agora viven no Refuxio de Animais de Cambados e que, quen sabe si o mellor poderán nun futuro non moi aloxado converterse na súa mascota.

A situación que se vive nas vilas coas numerosas colonias de gatos, que en diferentes épocas do ano parecen multiplicarse, preocupan en Cambados. Dende o concello recoñecen que é unha situación difícil ce controlar pero non imposible.

Unha das iniciativas que dende o Refuxio de Animais de Cambados se organiza para evitar este problema ten que ver coa II edición do Cat Cafe. Unha actividade que trata sobre reunións para falar de gatos e facerse coa compañía dun gato, e achegar a xente este animal.

Esta nova edición despois de un ano de ausencia, volta ao Salón José Peña. Unha excelente iniciativa que este ano trae algunha que outra novidade.

Dende o concello de Cambados e o Refuxio de Animais están pensando en propor diferentes procedementos para evitar esta situación de superpoboación de gatos nas diferentes localidades que conforman O Salnés.