O turismo analiza as tendencias e o futuro do sector en Sanxenxo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/inauguracion_foro_turismo_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/inauguracion_foro_turismo_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

 

SANXENXO> Sanxenxo analiza o sector turístico. Esta mañá, o concello inaugurou o terceiro Foro de Turismo, unha iniciativa que buscar pór en común as preocupacións dos empresarios e presentar as novas tendencias.

Que Sanxenxo é un dos destinos turísticos máis populares de España, é innegable. Por iso, a vila preséntase como o lugar idóneo para acoller un Foro de Turismo.

Durante os dous días do foro, expertos na materia pasarán por Sanxenxo para, xunto cos empresarios do sector e diferentes administracións, construíndo un mapa de cales serán os seus retos.

Os asistentes á inauguración coincidiron en sinalar en que o turista de hoxe busca experiencias e vivencias máis amplas. Unhas esixencias que ten que cubrir a oferta turística de calidade.

Con este obxectivo, a secretaria de estado para o turismo ofreceu a colaboración do goberno estatal, a través do Plan Nacional integral do sector. Isabel Borrego insistiu na importancia da internacionalización, sobre todo mirando cara as economías emerxentes.

E é que o turismo é un dos sectores produtivos máis importantes da economía española. Segundo a Enquisa de Poboación Activa máis dun 12% dos ocupados traballan no turismo. Uns datos que teñen o seu reflexo na provincia de Pontevedra: o sector supón un 11% do tecido económico, e emprega a máis de 40 mil persoas.