O CEIP Praia Xardín non terá xornada única o vindeiro curso

    BOIRO> Finalmente o CEIP de Praia Xardín en Boiro non contará con xornada única no vindeiro curso escolar. A pesar de que na última asemblea de pais, na que se votou a súa implantación, gañou a opción do si, con 108 votos a favor e 80 en contra, non foi suficiente, ó ser necesario o apoio do 58% do total dun censo de 270 alumnos, aproximadamente. Aínda que a decisión non foi ben aceptada por todos, dende a ANPA deste centro educativo boirense considérase que deberá respectarse ó ser un acordo tomado en asemblea. Ademais dende a propia consellería de Educación tampouco vían con moi bos ollos a implantación da xornada única, alegando posibles incompatibilidades, á hora da súa posta en marcha, debido ó horario do servizo de autobuses con outros colexios.