EU impulsa unha plataforma de apoio social ó plantel de Lantero

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/eu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/RP_EU_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}

    VILAGARCIA> Esquerda Unida denuncia que o Alcalde Tomás Fole se reuniu en segredo ca dirección de Lantero e, en troques, aínda non escoitou ó comité de empresa e ós grupos da corporación municipal. O esquerdista Juan Fajardo afirma que o de Fole é o goberno máis opaco da historia de Vilagarcía. Esquerda Unida amósase indignado con que o Goberno Local non se reúna cos grupos da corporación para buscar unha postura común ante o conflicto de Lantero, cando onte anunciaron que viñan de reunirse ca dirección desta empresa. No mesmo email o Goberno Local anuncia a súa intención de reunirse co Comité de Empresa en vindeiras datas; algo insuficiente para os esquerdistas que entenden que os traballadores deberan ter sido atendidos os primeiros. Aínda máis, Esquerda Unida reclama información sobre unha xuntanza anterior na que Fole e outros alcaldes falarían de temas urbanísiticos ca dirección de Lantero. Fajardo reitera que Tomás Fole antepón as súas posibilidades laborais persoais futuras ante o ben de gran parte da cidadanía de Vilagarcía. Entenden que agora son os traballadores de Lantero os que carecen de apoio institucional, polo que eles van a impulsar unha plataforma cidadá de apoio a estes empregados. Na mesma liña se sitúa o BNG de Vilagarcía que ven de pedirlle ó executivo local que atenda as peticións do plantel de Lantero; ó tempo que manifesta a súa solidariedade cos afectados.