A comarca noiesa recibiu un ‘petisco’ da lotaría de Nadal

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/premio_lotaria_noia2212151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/premio_lotaria_noia221215.mp4{/flowplayer} NOIA> Foi no punto de venda da rúa Montero Ríos, na que se vendeu por terminal un único décimo do quinto premio, o corenta e tres mil douscentos vinte e un. Aínda que só foi un único décimo do número corenta e tres mil douscentos vinte e un, foron moitos os curiosos que se achegaron ata este punto de venda situado na rúa Montero Ríos, en pleno casco urbano noiés, para comprobar se foran eles os afortunados. A xerente do establecemento mostrábase especialmente contenta, aínda que a contía do premio non é moi elevada, unicamente seis mil euros Dáse a circunstancia de que este mesmo punto de venda xa repartiu o pasado ano neste sorteo de Nadal un cuarto premio, e en xaneiro do ano pasado un euromillón. A deusa fortuna quixo esquivar desta vez as administracións de lotarías da comarca do Barbanza. Quen sabe, se correrán mellor sorte no vindeiro sorteo do Neno. Mentres tanto saúde e aqueles veciños que non obtiveron premio nesta ocasión, a seguir mercando.