A oposición dá plantón a Fole no pleno de aprobación dos orzamentos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/26/plenoorzamentosvilla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/26/PLENO_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> Alta tensión a que se palpaba esta tarde no salón de plenos de Vilagarcía. O último pleno do ano non podía escapar á tónica crítica que marcou tódalas sesións deste 2014, e máis cun tema delicado como é a aprobación dos presupostos para o próximo exercicio. Se o punto xa xera por si só polémica, o cambio de convocatoria do pleno e do seu carácter a extraordinario e urxente xa levaban o ambiente caldeado. Unha oposición especialmente molesta vimos hoxe. Este era o momento en que a oposición ó completo abandonaba o pleno de Vilagarcía. Tan só vinte minutos despois de comezar a sesión e despois de solicitar que se suspendese e se aprazase. Non agardaron a resposta. O alcalde co séquito de concelleiros do bipartito quedaron sos e así, máis en solitario ca nunca, aprobaron os orzamentos para 2015. A reacción da oposición non resultou moi sorprendente, sobre todo tendo en conta que levaba máis dunha semana denunciando non só o cambio de data do pleno, que se debería celebrar o luns, se non a súa cualificación de extraordinario, pechando a orde do día a posibles mocións dos grupos ou eliminando o punto de rogos e preguntas e intervención dos cidadáns. Desde o goberno xustificaron o cambio de data para cumprir prazos, e os orzamentos se puideran publicar a tempo no Boletín Oficial da Provincia e poder entrar en vigor en xaneiro. Os orzamentos, que ascenden a 26 millóns, un 1.21 por cento superiores ós do ano pasado, quedaron aprobados malia o senfín de peros que PSOE, BNG e Esquerda Unida lle atoparon na sesión de presentación.