Arrancan en Rianxo oito días de festa na honra da Guadalupe

    RIANXO> A concentración das Juadalupeñas e o chupitaso darán o pistoletazo de saída ás festas grandes de Rianxo. A Guadalupe, tras máis de cento sesenta anos de celebración, arranca este ano coa mesma forza de sempre. Ademais da actividades complementarias, que son moitas, o programa destaca catro pratos fortes. O principal é a procesión marítima do domingo no que os mariñeiros pasearán á súa virxe pola ría. Especial protagonismo adquire este ano o festiva RocK in Rian que nesta cuarta edición duplicou o presuposto para contar cos grupos máis destacados do panorama galego.O feirón mariñeiro do xoves será outro dos puntos neurálxicos da festa. As principais rúas da vila converteranse nun mercado tradicional que, cada ano, conta con maior implicación dos veciños. Pero sen dúbida, un dos momentos álxidos das celebracións chegarán o próximo venres co fin de festa. Miles de veciños e visitantes entoarán a rianxeira á luz das bengalas. Dada a ampla afluencia de xente que se prevé nestas datas, o concello e a policía local porá en marcha un dispositivo especial de tráfico e de seguridade. En canto ós aparcamentos habilitarasen cinco mil prazas nas zonas de Recheo, Punta Fincheira, Rianxiño, Martela, Xogo dos Bolos, Tanxil, Carretera, Terreo e Martela. En materia de seguridade, aumentarase o número de axentes en servizo xa que traballarán a dobres quendas e incorporaranse policías doutros concellos e comisión de servizo. Contarán ademais co apoio da Garda Civil, Protección Civil, bombeiros e servizos sanitarios de emerxencia.