Ribeira continúa á cabeza das descargas de peixe fresco en Galicia

    RIBEIRA> O porto de Ribeira segue a liderar as descargas de peixe fresco en toda Galicia. Así o revela o informe de Portos de Galicia que destaca un incremento xeral da facturación nun tres por cento con respecto ó primeiro semestre do ano anterior. Balance máis que positivo do informe interanual de Portos de Galicia no que se recolle un aumento da facturación nun dous coma noventa e oito por cento no primeiro semestre de 2015 con respecto ó mesmo periodo do ano anterior. As descargas de peixe fresco rexistraron un incremento do vinte e un por cento co peirao de Ribeira á cabeza, seguido de Burela e Celeiro. Con respecto ás subas máis destacadas cómpre sinalar a de Malpica e Portosín cun espectacular incremento da actividade en relación co anterior exercicio. Medran tamén as descargas de túnidos conxelados na Pobra, cun ascendo do 3’38 por cento e, especialmente, en Ribeira onde experimentan unha suba do 83’44 por cento.