BOIRO> O concello de Boiro volveu estar presente nesta nova edición do Grand Pavois de La Rochelle. Dende hai anos, o municipio barbanzá aposta pola promoción de todo o seu potencial náutico nesta feira, con grande éxito. As cifras falan por sí soas. O noventa e cinco por cento dos navegantes que recalan en Boiro proveñen da Bretaña Francesa, proba do grande éxito da estratexia promocional do concello que dende hai anos vén reforzando a súa presenza na Rochelle. A incorporación do Náutico de Cabo de Cruz na Rede Europea de Passport Scale tense traducido tamén nun gran incremento dos tránsitos no porto boirense durante os útlimos catro anos. Ademais da xuntanza institucional co alcalde e o presidente da capitanía marítima La Rochelle, o alcalde de Boiro mantivo encontros tamén con representantes do Yatch Club Classic, unha das entidades náuticas máis importantes a nivel internacional. A intención do concello boirense é contar coas súa participación de cara ó camiño por mar que teñen previsto organizar no Xacobeo 2021. A boa relación entre Boiro e La Rochelle tivo como resultado un mercado ben consolidado no que ano tras ano se seguen afianzando lazos entre as dúas rexións.
Inicio BARBANZA