A Milla Urbana Nocturna reunirá na Pobra a uns 300 corredores

A POBRA> Uns 300 participantes daranse cita na Milla Urbana Noctura da Pobra que acada este ano a súa 62 edición. Trátase dunha das probas máis atractivas do calendario estival na comarca posto que discorre de noite polo centro da vila.

A Pobra acollerá o próximo día 15 unha das súas probas deporrtivas máis lonxevas. Trátase da Milla Urbana Nocturna que reunirá a preto de 600 corredores dende a categoría sub6 ata master.

A Carreira terá saída e meta nos xardíns Valle-Inclán. Os participantes realizarán varias voltas dende este punto ata  a casa consistorial ata completar a distancia dunha milla equivalente a algo máis de quilómetro e medio. Haberá premios en metálico para os tres mellores tempos feminino e masculino de cada categoría.

As inscricións poden realizarse no departamento de deportes da casa da cultura en horario de nove e media da mañá a dúas e media da tarde.