A cultura e a animación volverán encher as rúas de Noia ó longo deste verán

NOIA> Actuacións musicais, cine e actividades infantís integran boa parte da programación do ‘Rúas Vivas’. En definitiva, un amplo e variado programa presentado esta mañá no consistorio.

A oferta de ocio na vila noiesa este verán volverá a ser do máis ampla e variada, co fin de satisfacer a veciños e visitantes, indistintamente da súa idade. O Concello en colaboración con Noia Histórica volve a deseñar o programa ‘Rúas Vivas’, no que se prevén todo tipos de espectáculos, dende actuacións musicais a cine na rúa, pasando pola maxia ou os obradoiros para os máis pequenos, entre outros.

O cartel aínda non está completo de todo pois falla por incluir unhas dez actividades máis que non están no programa e que o Concello agarda poder anunciar ó longo das vindeiras xornadas, o que fai que haxa actividades practicamente tódolos días.

Dende o concello quixeron tamén agradecer a colaboración do pintor local Veiras Manteiga que un ano máis asina o cartel promocional do Rúas Vivas.