A POBRA> Na Pobra, o Concello ten intención de solicitarlle a Sanidade a rebaixa do nivel de restricións. Segundo o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, a localidade, atendendo ós indicadores de incidencia covid, debería estar por debaixo do nivel asignado, que segue a ser o máximo.
Segundo el resulta que a decisión de manter ó municipio no nivel máximo responde a outros criterios e non exclusivamente ós niveis de incidencia, neste caso débense á ampla mobilidade entre municipios nesta comarca e tamén á presenza de casos das variantes británica e sudafricana, altamente contaxiosas.
Segundo el o municipio segue a baixar no número de casos activos. Hoxe xa está na franxa de 1 a 9 a sete días.