Noia acolle este sábado unha velada de deportes de contacto

NOIA> Noia volverá vivir este sábado unha xornada de deportes de contacto con participantes de primeiro nivel. O pavillón Agustín Mourís acollerá dende as seis e media da tarde unha velada organizada polo Club de Loita Noia.

O espectáculo está servido na Velada de Deportes de contacto que organiza este sábado o Club de Loita Noia. Disputaranse varios cintos nas diversas modalidades de kickboxing e boxeo en categoría neoprofesional, co título de campión galego en xogo.

A velada dará comezo ás seis e media pero o pavillón abrirá as súas portas a primeira hora da tarde para axilizar as entradas.

Este evento deportivo forma parte da programación das Festas de San Marcos que darán comezo mañá en Noia.