O executivo pobrense non descarta accións legais contra o anterior goberno municipal

POBRA> O goberno de Nós Pobra anunciou que ten intención de realizar unha auditoría interna para tratar de esclarecer as posibles irregularidades. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, considera que a pesar de ser coñecedor de que moitas das obras realizadas nunha anualidade, o seu pago pode quedar aprazado para o seguinte orzamento, si lle parece esaxerado o elevado da contía pendente de pago deixada polo anterior goberno local, uns douscentos mil euros, que neste caso condiciona o presuposto municipal do vindeiro ano. Tamén lle resulta cando menos estraño os vinte cinco mil euros investidos no alumeado de nadal ou o financiamento do xantar da terceira idade.