A Pobra ultima os detalles do dispositivo de seguridade para o Nazareno

A POBRA> O concello da Pobra celebrou esta mañá a xunta local de seguridade para coordinar o dispositivo de cara ás festas do Nazareno. Estivo presidida pola subdelegada do goberno na Coruña, María Rivas, e contou con representación dos corpos de seguridade e entidades colaboradoras.

O concello da Pobra está inmerso no deseño dun amplo dispositivo de seguridade para as festas do Nazareno que concentran na vila a miles de persoas. Esta mañá reuníase a xunta local de seguridade para coordinar ós distintos corpos e entidades que colaboraron no operativo. Estará composto por axentes da policía local, Garda Civil e Protección Civil.

Instalarase tamén un posto de mando avanzado de AXEGA e varios puntos violeta. En canto ó tráfico, está previsto habilitar distinas zonas para o estacionamento de vehículos na zona dos Areos, na explanada portuaria e no aparcadoiro do Gadis que cederá este espazo o domingo.

Ademais do apoio para garantir a máxima seguridade durante os festexos do Nazareno, a subdelegada do goberno sinalou a estreita colaboración que o goberno central ven mantendo co concello da Pobra en diversos ámbitos como a rexeneración do litoral ou a eficiencia enerxética. Os investimentos na Pobra ascenden a 5’6 millóns de euros.