O concello da Pobra asaina un convenio de patrocinio co Club Xadrez Marquiño

POBRA> O concello da Pobra asinou un novo convenio de patrocinio cun club deportivo local.

Neste caso o acordo establecese co Club Deportivo de Xadrez Marquiño. A aportación do Concello ascende a uns mil euros que lle permitirán ó Club poder sufragar os gastos de inscrición, desprazamento e estadía para o Campionato de España por Equipos de Xadrez Rápido que terá lugar en Toledo.

Dende o Club Xadrez Marquiño agradeceron a colaboración económica facilitada polo Concello.

Na actualidade o Club, con trinta anos de historia, ten unha importante canteira, ademais de dispor de tres equipos. Un que xoga na División de Honra, a competición máis alta a nivel nacional, outro en Segunda División Autonómica e outro en Terceira.

No seu plantel conta cun campión de España, representando a selección galega, e é tamén campión por equipos no VI Circuíto de Xadrez Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí