Ribeira presenta varias medidas para mellorar a transparencia na xestión municipal

    RIBEIRA> Unha delas porase xa en práctica este próximo luns coa retransmisión en streaming vía youtube do pleno municipal. A transparencia e a participación cidadá serán dunhas das principais accións que o concello de Ribeira pretende introducir no actual mandato. Neste sentido o executivo está a traballar na elaboración dun decálogo de medidas concibidas para este fin, catro das cales foron presentadas esta mañá pola edil responsable desta área, Fabiola García Martínez. A primeira delas será a posta en marcha nos baixos do Consistorio dunha zona de atención ós veciños Outra das medidas reside na elaboración dun Regulamento Orgánico de Participación Cidadá. Un documento que xa lle foi presentado a tódolos grupos políticos municipais e servirá para facilitar a participación activa dos veciños no día a día municipal. Outra das medidas será a creación dunha nova sección na páxina web municipal: www.riveira.es / www.riveira.gal) na que, baixo a denominación de Participación Cidadá, se van incluír distintos apartados vinculados con esta temática, como é o caso de ‘Lexisla con Nós’, onde se publicarán os borradores de ordenanzas e regulamentos municipais que se estean elaborando ou modificando para que, antes da súa aprobación definitiva, poida ser consultado polos veciños que mesmo poderán facer as súas achegas e suxerencias. De cara a mellorar a tranparencia na xestión municipal o executivo tomou a decisión de permitir o visionado en streaming dos plenos do concello.