Galicia e Canal Rías Baixas en FITUR 2016

Dende hoxe día 20 e ata o 24 de xaneiro o recinto feiral madrileño acolle FITUR, a Feira Internacional de Turismo e evento líder no sector despois da ITB de Berlín. Para contarnos ao detalle todo o que acontece no espazo expositivo de Galicia Canal Rías Baixas desprazouse a Madrid. 

 

Comeza a Feira Internacional do Turismo, Fitur 2016, e Galicia e Canal Rías Baixas non podían faltar á cita deste ano, que na súa trixésimo sexta edición, reúne a 9.500 empresas de 165 países e rexións. No stand galego teñen presenza, como ven sendo habitual, a gastronomía e o Camiño de Santiago, tamén o noso folclore e, por suposto, ás Rías Baixas, que este ano destacarán o seu patrimonio arquitectónico contemporáneo. Como novidade o Entroido galego tamén estará representado neste espazo de case 1000 metros cadrados e para contarlles todo o que vai acontecer Canal Rías Baixas non se despegará deste stand dende hoxe día 20 que comeza a feira ata o vindeiro venres no que pecharemos os actos coa visita do Presidente da Xunta de Galicia. Retransmisións en directo das presentacións que se vaian a realizar neste expositor e unha cobertura total da información máis próxima. Galicia será a encargada este ano de organizar a Gala dos Premios á Excelencia e á Innovación Turística da Organización Mundial de Turismo e Canal Rías Baixas será a encargada de contarllo todo ao detalle.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/presentacion_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/presentacion_fitur.mp4{/flowplayer}