FITUR co Ano Xubilar da Misericordia

GALICIA> Gastronomía e Camiño de Santiago son dous dos expoñentes galegos que máis se ven reflectidos no stand de Galicia en FITUR; mais este ano non só eles centrarán a atención. Varios dos eventos que pasarán ao longo do 2016 pola nosa terra recóllense no seu espazo de charlas e conferencias, como son a Volta España ou o Ano Xubilar da Misericordia.

 

A Galicia máis acolledora e hospitalaria amósase aos visitantes de Fitur coma un libro aberto. Precisamente este acontecemento que traspasa o relixioso foi o tema do evento inaugural do expositor galego en Fitur coa presenza da Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. O camiño de Santiago é por tradición o elemento catalizador de visitantes a Galicia. Este 2016 coa celebración do Ano Xubilar da Misericordia decretado polo Papa Francisco, Galicia abre a porta a novos turistas e peregrinos cos que esperan chegar ao obxectivo de 5 millóns de visitantes.

Unha exposición acerca da acollida e hospitalidade no Camiño, outra da Memoria da Gran Pobreza ou concertos nunha serie de espazos xubilares son parte da programación que oferta este ano para potenciar o encontro de novas formas de solidariedade como avanzaba a Directora de Turismo de Galicia.

Un ano xubilar de hospitalidade e acollida que prepara a Galicia para o próximo ano Xacobeo en 2021.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/inauguracion_galicia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/inauguracion_galicia.mp4{/flowplayer}