Dieste incide na necesidade de mellorar a estrada Boiro-Noia

    BOIRO> Segundo o rexedor boirense trátase dunha arteria de comunicación moi importante que permite vertebrar esta zona coa comarca de Muros Noia e a Costa da Morte. A demanda do rexedor boirense súmase a outras voces, tanto a nivel individual dos propios usuarios do vial 1.105 que une Boiro con Noia, como tamén de distintas entidades, como é o caso da Asociación Boirense de Empresarios ou a Federación de Empresarios do Barbanza, que nalgunha que outra ocasión, incidían na necesidade de realizar unha reforma integral da estrada debido ó mal estado que presenta e a alta densidade de tráfico que soporta. Segundo el, a vía presenta uns trazados e unha sinalización pésima nos que debería actuarse. É máis chega mesmo a plantexar a posibilidade de que a Deputación da Coruña, titular da estrada, a transfira á rede de estradas da Xunta de Galicia para un mellor mantemento da mesma.