O Supremo devolve a Vilagarcía os intereses de Luz Salgada

    VILAGARCÍA> Contento xeral en Vilagarcía tralo fallo do Tribunal Supremo no que declaran nula a resolución da Secretaría de Estado de Turismo pola que o goberno local tivo que revocar e reintegrar parcialmente o préstamo destinado ao programa Luz Salgada. O Concello anuncia que analizará coa Xunta as consecuencias desta decisión e tratará de recuperar o crédito.

     

    O Tribunal Supremo ven de declarar nula unha resolución da Secretaría do Estado de Turismo que obrigaba ao concello de Vilagarcía a devolver o préstamo que se destinara ao programa Luz Salgada cargándoo cuns intereses de demora que ascendían ao millón 183.000 euros, que agora lle serían devoltos.

    O grupo de goberno quere ser prudente ante as consecuencias da resolución e xa solicitou unha entrevista coa Directora xeral para o Turismo para analizar a sentenza e estudar os pasos a seguir a partir de agora.

    Se a sentenza fai posible a recuperación do crédito nas condicións nas que foi concedido e estudando a súa viabilidade dentro do Plan de Axuste do concello, Varela tentaría cambiar a finalidade do mesmo segundo as necesidades actuais da vila.

    Pola súa banda, o voceiro do Partido Popular de Vilagarcía e exalcalde, Tomas Fole, a pesar de alegrarse moito pola nova, asegurou que isto é só o resultado da boa xestión do seu partido ante o pouco interese do Partido Socialista.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/10/luz_salgada_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/10/luz_salgada_vilagarcia.mp4{/flowplayer}