A orixe do incendio de Barbanza podería ser unha cheminea dunha vivenda

BARBANZA> Os datos foron facilitados esta mañá polo Vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, a raíz do atestado emitido pola Policía Autonómica.

Segundo afirmou actualmente a Policía Autonómica leva varias liñas de investigación, sen querer aportar máis datos, xa que a investigación xa lle foi remitida ás autoridades xudiciais.

Dende a Xunta apélase tamén á cidadanía a ter a máxima prudencia á hora de realizar determinado tipo de actividades que poidan supoñer risco para un posible incendio.

Hoxe a situación do lume segue ser a mesma destes últimos días. Medio Rural aínda non o dá por extinguido, segue estabilizado.

Na zona continúan a traballar numerosos medios, co fin de evitar a súa reprodución.

Os datos facilitados en canto a superficie queimada segue a ser a mesma destas últimas datas, unhas 2.200 hectáreas, na súa maioría de monte baixo e arborado.