A patronal ribeirense colabora con Cáritas na campaña ‘Cada xesto conta’

RIBEIRA> Durante estas datas de nadal Cáritas desenvolverá unha campaña solidaria na que contará coa colaboración coa Asociación de Empresarios da localidade. Baixo o lema ‘Cada xesto conta’ realizará unha recollida de alimentos e donativos nos locais asociados á patronal ribeirense co fin de apoiar ós máis vulnerables dentro da situación de pandemia na que nos atopamos.

A asociación de empresarios de Ribeira colaborará con Cáritas na recollida de alimentos e donativos en favor da entidade durante este Nadal.

A través desta campaña, baixo o lema ‘Cada xesto conta’, a entidade pretende apelar á mobilización de toda a veciñanza de Ribeira na recollida de recursos, en forma de alimentos e tamén económica, para dar resposta así a aquelas persoas que o están a pasar mal a consecuencia da crise.

A campaña prolongarase durante todo este Nadal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí