Recollen preto de 2.700 sinaturas para reclamar a cobertura íntegra do persoal médico en Aguiño

RIBEIRA> Os veciños de Aguiño cambiaron hoxe o seu habitual lugar de concentración, diante das portas do centro de saúde de Aguiño, para trasladárense ó Concello.

Aproveitaban así, para entregar no rexistro as preto de 2.700 sinaturas recollidas nas últimas semanas para reclamarlle ó Sergas o mantemento das dúas prazas de médico.

Din que continuarán coas accións de protestas ata non ter unha resposta definitiva a súa reclamación.

Ata teñen deseñado un calendario de mobilizacións, na que se inclúe unha concentración en Santiago diante da consellería de Sanidade o venres 31 deste mes de xaneiro.

Na concentración de hoxe tamén tomaron parte representantes do equipo de goberno, entre os que se atopaba o propio alcalde, Luís Pérez Barral, que comparte as reclamacións realizadas polos veciños.