O BNG pobrense pide a retirada do radar móbil

    POBRA> As explicacións do equipo de goberno non convencen ós nacionalistas, que seguen a insistir en que a medida, lonxe de querer mellorar a seguridade viaria no municipio, ten un claro afán recadatorio. Para os nacionalistas a contratación dunha empresa privada para a realización dos controis de velocidade non é a mellor opción se o que se busca é incrementar a seguridade viaria no municipio. Segundo eles existen outras opcións como poden ser badéns ou sinais luminosas. O feito de empregar radares ocultos responde unicamente a un afán recadatorio. Por esta razón teñen previsto presentar unha iniciativa plenaria a través da cal solicitarán que se renuncie a empregar este tipo de métodos cuxa legalidade é tamén cuestionado polos veciños. Dende o BNG consideran que a medida non só afecta ós veciños da localidade, senón que hai tamén moitos negocios e empresas que se están a ver prexudicadas, xa que moitos dos seus clientes, optan por non vir á Pobra, polo medo a posibles sancións.