POBRA> A ruta marítimo-fluvial por Arousa e Ulla ten un atractivo máis: unha guía literaria na que propón un percorrido polos lugares que inspiraron ás principais figuras da nosa literatura.
{flowplayer}barbanza/guialiterariamardearousa.flv{/flowplayer}
Os vinteún concellos que compoñen a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla teñen moito que ofrecer. Este percorrido, orixe do camiño de Santiago, posto que conmemora a traslación dos restos do apóstolo, está cheo de lugares de gran beleza paisaxística e interese patrimonial.
Como valor engadido, a súa riqueza literaria posto que é berce dos máis grandes escritores galegos. Un atractivo máis que a fundación vén de recoller a través dunha guía literaria presentada esta mañá nas instalacións de Congalsa, na Pobra.
Os visitantes poderán coñecer os lugares onde naceron ou viviron e que sen dúbida inspiraron a figuras da literatura universal como Castelao, Rosalía de Castro, Valle – Inclán ou Cela. A guía complementarase cunha exposición itinerante que inicialmente pasará polos 21 concellos da fundación pero con futura proxección internacional.
Longo percorrido
Esta publicación vense sumar ás moitas iniciativas que ten impulsado a fundación dende a súa creación. Entre elas, a guía turística e gastronómica ou o roteiro marítimo fluvial de cruceiros xacobeos. Iniciativas nas que colabora activamente a Sociedade de Xestión do Xacobeo.
Trala presentación da nova guía literaria, os distintos membros do padroado mantiveron unha xuntanza nas instalacións da factoría pobrense para seguir promovendo iniciativas conxuntas para a posta en valor da ruta e dos concellos que percorre.
Redacción Barbanza