Ravella aínda terá que agardar por ‘Luz Salgada’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/varela_nava_luz_salgada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/varela_nava_luz_salgada.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> O préstamo de Luz Salgada segue no aire. A súa recuperación está pendente de que a Audiencia Nacional execute a sentenza do Tribunal Supremo. O alcalde da vila insistiu en que a situación é complexa, algo no que coincidiu coa directora da Axencia Galega de Turismo. Esta mañá, Alberto Varela e Nava Castro mantiveron un encontro para analizar as consecuencias do fallo do Tribunal Supremo.

    Vilagarcía terá que agardar para averiguar se, finalmente, poderá recuperar o préstamo de Luz Salgada. O alcalde e a Directora da Axencia Galega de Turismo coincidiron esta mañá en que é preciso saber como executará a Audiencia Nacional o fallo do Tribunal Supremo.

    A sentenza ratifica que a Secretaría de Estado de Turismo actuou irregularmente ao esixir a devolución do que restaba por executar do préstamo, xa que se considera que é competencia autonómica. Unha vez recoñecida, é preciso resolver se a Xunta pode establecer un novo prazo ou cambiar a finalidade dalgúns dos investimentos previstos. O que si é definitivo é que o concello non terá que pagar os case 1,2 millóns de euros que debía ingresar en cocnepto de xuros de demora.

    Aínda que están pendentes da decisión da Audiencia Nacional, Varela adiantou que, se o tribunal desbota que o prazo continúe vivo, o concello podería presentar un recurso contra o estado por responsabilidade patrimonial.