A POBRA> O concello da Pobra implicará a toda a cidadanía na celebración do 25 N cun amplo programa de actividades que se desenvolverán ó longo de todo o mes. Realizaranse accións divulgativas co alumnado de tódalas etapas educativas e promoverase un concurso a través das redes sociais. O 25 de novembro celebrarase un acto institucional en memoria das vítimas.
O concello da Pobra celebrará 25 N centrándose na educación, prevención e sensibilización como piares para erradicar a violencia de xénero. A colaboración coa comunidade educativa será fundamental con obradoiros para o alumnado e actividades formativas para o profesorado.
Ademais das actividades a desenvolver ó longo do mes, o concello reunirá o día 20 á Mesa Local contra a Violencia de Xénero e celebrará un acto institucional o propio día 25.
Tamén se implicará a toda a sociedade a través dun concurso para promocionar a campaña ‘Desmárcate das violencias machistas’ nas redes sociais. Os participantes poderán deixar comentarios con este lema na conta de instagram @igualdadeapobra e entrarán no sorteo de tres lotes de agasallos.











