Un cambadés detido por cultivar marihuana

CAMBADOS> Un veciño de Cambados, detido por un suposto delito de cultivo de cannabis.

 

A Garda Civil deitvo a un mozo de 18 anos veciño de Cambados como presunto autor dun delito de cultivo de cannabis. Segundo fontes do corpo, na operación incautáronse de 126 plantas de marihuana de entre 30 e 50 centímetros de altura e 650 gramos de inflorecencias, que se atopaban no anexo dunha nave industrial dedicada á carpintería no concello de Vilanova. Tamén localizaron enseres para o cultivo e coidado da planta, como dous ventiladores, nove temporizadores eléctricos, nove lámpadas de calor, unha balanza de precisión e un paquete de semillas.

O detido carece de antecedentes policiais, e xa quedou en liberdade tras prestar declaración ante o xuíz. Ten a obriga de presentarse no Xulgado de Instrución número 4 de Cambados cando sexa requirido.