Boiro segue a manter unha aposta firme polas bandeiras azuis nos seus areais

    BOIRO> Xunto a Arteixo é o municipio coruñés con maior número de distintivos. Un total de sete. As dificultades de moitos concellos para cumprir coas duras esixencias da ADEAC, a entidade que anualmente concede as bandeiras azuis, provocaron que moitos municipios optaran por non solicitalas. É o caso de moitos concellos da zona coma Ribeira ou Porto do Son, entre outros. Pola contra, Boiro, que segue a manter unha aposta firme por este distintivo que premia a calidade das augas e os servizos que se prestan nos areiais. Boiro é o municipio da provincia con máis bandeiras azuis. Un total de sete. A enseña volverá a ondear nos areais de Barraña, Carragueiros, A Retorta, A Ladeira do Chazo, Saltiño e Piñeirón, así como tamén nas instalacións do Náutico Mariña Cabo de Cruz.