Urbaser renova a maquinaria de limpeza en Ribeira

    RIBEIRA> Coa incorporación de seis novos vehículos a empresa pretende mellorar significativamente o servizo que presta actualmente na cidade. Un camión grúa, tres recolectores e dúa varredoras. Este é o material que a empresa Urbaser, que se encarga do servizo de limpeza e recollida de lixo en Ribeira vén de adquirir e que xa entrará en funcionamento a partir de hoxe. Dende o concello valorouse moi positivamente esta acción, co convencemento de que o novo material redundará na prestación dun mellor servizo para os cidadáns, ademais de supoñer unha maior seguridade para o persoal. A nova maquinaria sumarase tamén a aquisión de novos contedores, un total de douscentos, que serán distribuídos por todo o municipio. Dende o concello e tamén dende a empresa concesionaria, incidiuse na importancia de mellorar a reciclaxe e de que os propios veciños se conciencien na necesidade de realiza resta tarefa nas súas casas. Para contribuir coa causa Urbaser realizou tamén unha campaña en favor da reciclaxe que consiste basicamente na rotulación do eslogan “Coida connosco a túa cidade” na nova maquinaria, na que tamén aparecerá o logotipo alusivo á Festa da Dorna, froito dunha colaboración con Confraría da Dorna.

    Comments are closed.