Atopan o cadáver dun home na praia boiresa de Ladeira

    BOIRO> Trátase dun veciño do lugar de Nine de Abaixo que adoitaba acudir diariamente a bañarse a este areal.

     
    A praia de Ladeira de Quinteiro, en Neixón foi escenario dun suceso que conmocionou á veciñanza desta aldea boiresa. Un veciño no lugar de Nine de Abaixo, Manuel Torrado, de 72 anos, apareceu morto no areal a pasada noite.
     
    {flowplayer}barbanza/falecidoneixon.flv{/flowplayer}
     
    O parecer, o home tiña o costume de baixar a esta praia, situada preto da súa vivenda, todos os días o redor do mediodía. A súa irmá, coa que convivía, deu a voz de alarma ó comprobar que logo de varias horas fóra, Manuel non regresaba a casa. Contra as nove da noite enviou o seu fillo ata a praia para intentar localizalo. O sobriño atopou ó seu tío botado sobre a area. De contado avisouse a Garda Civil e o servizo de Emerxencias do 112 que xa nada puido facer por salvalo.
     
    Manuel, que estaba solteiro e traballaba no mar, era moi coñecido e apreciado entre a veciñanza de Nine. O cadáver, que foi trasladado ó Instituto Anatómico Forense de Santiago, non presentaba sinais de violencia. Non obstante, será a autopsia a que determine a verdadeira causa do seu falecemento. A Garda Civil faise cargo da investigación.
     
    Redacción Barbanza