A calor dá unha tregua ás Rías Baixas

    BARBANZA> Este verán de 2016 está sendo o máis caloroso e o máis seco dos últimos tempos, pero despois de mes e medio sen chuvias hoxe a auga, e tamén a néboa, volveron ser as protagonistas do noso ceo. Algo que non ten por que empanar as vacacións dos que nos visitan. Esta era a vista que se tiña da Ría de Arousa este xoves desde o Mirador da Pedra da Rá de Ribeira. E esta, a que se ten habitualmente. Pero isto, non foi impedimento para que os veraneantes se decantaran hoxe por coñecer os recunchos máis fermosos da nosa xeografía. E é que como dí a canción, a chuvia, en Galicia, é arte. Pero ademais da que crea a auga, arte temos dabondo no Barbanza. E se somos dos que preferimos encher o bandullo, en lugar da nosa vea artística, este tamén é o mellor sitio. E se aínda así, hai a quen non convencemos con estas opcións e segue prefirindo o turismo de area e sol, calma, que mañá regresa a tódalas Rias Baixas o noso xa amigo Anticiclón.