A Pobra acolle este sábado o Campionato Galego de Campo a Través en idade escolar

POBRA> Na competición participarán ó redor duns 360 atletas das categorías alevín, infantil e cadete. O circuíto de Cabío na Pobra do Caramiñal volve acoller a final do Campionato Galego de Campo a Través. Unha competición incluída no programa de actividade deportiva en idade escolar posto en marcha pola Secretaría Xeral para o Deporte. Na proba que terá lugar este sábado a partir das once e media da mañá tomarán parte un total uns 360 rapaces, procedentes de diferentes clubs e colexios de toda a comunidade nas categorías alevín, infantil e cadete, tanto masculinas coma femininas. Do Campionato, que está organizado polo Servizo de Deporte da Coruña en colaboración coa Asociacións de Atletismo e Deportes do Barbanza e As Rías, a Federación Galega de Atletismo  e o propio concello pobrense, sairán os seleccionados para participar nos Campionatos de España por Comunidades desta especialidade.