RIANXO> Culpan ó goberno local de falta de axudas e botan en falla iniciativas que lles permitan poder sobrevivir á actual crise que lles afecta ós seus negocios.
Así, desta forma, totalmente vestidos de negro e portando esquelas nas súas mans nas que podía lerse ‘Rianxo Morre’ ou ‘DEP Comercio Local’, máis dun cento de comerciantes, hostaleiros e representantes doutros sectores económicos da vila, agrupados na plataforma ‘Somos Rianxo’ escenificaron a morte dos seus negocios.
Síntense desatendidos e reclaman a axuda do Concello para poder seguir sobrevivindo ante a forte crise que lles afecta a consecuencia da pandemia.
A gota que colmou a súa paciencia foi que a día de hoxe aínda non recibiron as axudas concedidas a través do PEL Reactiva da Deputación da Coruña, que xa cobraron noutros concellos veciños.
Pero isto non foi o único…
Esta foi unha das súas primeiras accións de protesta do colectivo, pero non descartan facer máis, en defensa dos seus negocios, e tamén do desenvolvemento futuro da vila, no que, segundo eles, cada vez se están a perder máis servizos.