México ensaiará o modelo pontevedrés en tres cidades

MÉXICO> A viaxe por México da delegación pontevedresa achégase á súa fin, e onte celebrou un dos actos máis agardados. O rexedor capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, interviu no Senado da República para explicar o modelo urbano da cidade ante a comisión de desenvolvemento urbano e ordenación territorial. Pontevedra fíxose co Senado Mexicano. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores interviu na cámara para presentar aos senadores a filosofía urbana pontevedresa. Un modelo que foi posto como exemplo, e como o camiño a seguir nas cidades do país. A intención é trasladar a México algunhas das propostas pontevedresas, en base a unha recente lexislación estatal sobre mobilidade. Ante este obxectivo, Fernández Lores defendeu que o modelo de Pontevedra é perfectamente exportable. A intención dos Senadores é adoptar un modelo similar ao de Pontevedra en tres ou catro cidades que estean degradadas para comezar a traballar, e amosalas como exemplo a todo o país para eivar as posibles resistencias que se poidan atopar entre os cidadáns mexicanos.