Pontevedra> Derradeira parada do alcalde de Pontevedra no país azteca. Lores remata a xira internacional mexicana, a máis activa das que leva feito o Concello, coa súa participación nun seminario universitario no ITAM. Ultima parada do alcalde de Pontevedra no país azteca, a cita foi nun seminario universitario no ITAM. Un espazo onde unha vez máis defendeu o seu modelo de cidade. Lores dixo que en Pontevedra non están en contra dos coches, dixo que na cidade hai un alto índice de motorización, pero que en Pontevedra cada un ten o seu sitio. Así respondía o alcalde preguntado polo que pensarían os fabricantes de coches ante a súa aposta de cidade. Ocorría na última sesión de traballo, no seminario do Instituto Teconolóxico Autónomo de México, unha exclusiva insitutición académica privada da capital azteca. O Secretario técnico da comisión de Desenvolvemento Urbano da República defendeu o modelo de cidade de Pontevedra como idóneo por preservar e potenciar o seu carácter compacto, por promover a cidade de usos mixtos e por resultar camiñable para realizar a maioría as actividades.
Inicio PONTEVEDRA