PONTEVEDRA> Xa está en marcha a segunda edición da iniciativa ‘O noso reto solidario’, un proxecto que busca impulsar a economía social en Galicia. Este luns presentaron en Pontevedra os detalles deste programa que pretende potenciar a innovación, o emprendemento social e a colaboración no sector da economía social. Detrás desta iniciativa está Amicos, en alianza coa Fundación Botín e a Fundación Roberto Rivas.
Co obxectivo de fomentar a innovación e o emprendemento social mediante o traballo colaborativo, nace a segunda edición do programa ‘O Noso Reto Solidario’. Unha iniciativa que presentaron este luns en Pontevedra, impulsada pola Fundación Amicos, en alianza coa Fundación Botín e a Fundación Roberto Rivas. O que se pretende é potenciar a innovación, o emprendemento social e a colaboración no sector da economía social galega.
Un proxecto coa base na innovación social. A convocatoria está dirixida a fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como a centros especiais de emprego, empresas de inserción, cooperativas, sociedades laborais e emprendedores.
Xerar emprego, mellorar os coidados, a autonomía e o benestar, favorecer o arraigo e as oportunidades no medio rural e contribuír a crear comunidades rurais máis fortes e conectadas son os catro grandes retos que o proxecto vai abordar.
Como caso de éxito, no acto participou a responsables deO noso reto solidario, o proxecto gañador da primeira edición ‘O noso reto solidario’. Esta iniciativa, asentada en Cambados, destaca por basearse na economía circular, aproveitando as algas das costas galegas como materia prima.
O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 26 de outubro.











