As lendas serán o fío condutor da XIX edición da Feira Franca

Pontevedra> Pontevedra comeza a engalarse para a celebración dunha das citas máis agardadas do verán, a Feira Franca. O concello autorizou, para esta décimo novena edición, 233 comidas e ceas de particulares, 143 convites na hostalería e 68 postos do mercado. Todo está a punto para que a Boa Vila volva, a vindeira fin de semana, ao século XV. As lendas serán, neste ano,  o fío condutor desta festa medieval.

Pontevedra comeza a engalanarse para volver a vindeira fin de semana ao século XV, comezan todos os traballos minuciosos para que nada falta e para que nada falle nesta décimo novena edición da Feira Franca.

Dende o Concello agradecen a participación activa da veciñanza nesta celebración. Unha cita onde xa foron autorizadas 233 comidas e ceas de particulares, 143 convites na hostalería e 68 postos do mercado, 31 de artesanía e 37 de alimentación. Unha cita declarada de interese turístico de Galicia e que neste ano, e xa van 19, estará adicada ás lendas.

Así que xa o saben a desempolvar os traxes de época e a poñer todo a punto porque o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro a cidade de Pontevedra celebrará por todo o alto unha nova edición da Feira Franca.