Dende a Universida de Vigo potencian a mediación como unha ferramenta para a pacificación da sociedade

Pontevedra> O 21 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Medicación. Posto que este ano cae en sábado dende a Universidade de Vigo adiantaron un día a súa celebración. Unha xornada que ten como fin concienciar a cidadanía da importancia de utilizar esta ferramenta. A mensaxe que envían para esta xornada é clara: a mediación permite pacificar a vida das persoas e da sociedade. 

 

A Casa das Campás foi o lugar elixido pola Universidade de Vigo para celebrar o día Internacional da Mediación. Un día que se conmemora o 21 de xaneiro pero que como este ano é sábado adiantaron a celebración a este venres. O obxectivo desta xornada é claro, concienciar a cidadanía sobre a importancia da mediación. 

Segundo nos explicou a directora do grupo de traballo da Universidade, a mediación deben ocupar o lugar que merece na sociedade. A mediación permite pacificar a vida das persoas e tamén á sociedade.  Dende a Universidade demandan ao concello, Deputación e Xunta que promovan a mediación intraxudicial e o máis importante a extraxudicial.

A mediación debe ser potenciada dende a escola,a universidade. A educación xoga un papel moi importante nesta materia. 

E dende a Xunta dixeron esta mañá que xa comezaron a facer os deberes nesta materia mediante convenios de mediación familiar intraxudicial coas 7 grandes cidades galegas. Dende o 2009 están traballando nesta materia na que levan investidos 9 millóns de euros. No caso de Pontevedra dende o Goberno Galego quixeron destacar a labor que nesta materia realizan dende o Colexio de Avogados de Pontevedra e dende a Universidade. 

Un día internacional da Mediación que tamén chegou a Praza da Peregrina. O obxectivo principal informar a xente desta ferramenta co fin de que a cidadanía se conciencie e sexa capaz de resolver mediante o diálogo e comunicación os seus conflitos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/mediacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/mediacion.mp4{/flowplayer}