O inicio da veda pecha unha gran campaña da nécora

RIBEIRA> A partir de este sábado a nécora galega desaparecerá do mercado. Comeza así un periodo de veda que se estenderá ata o un de xullo. Xunto coa nécora iniciase tamén a veda para o santiaguiño que non se poderá pescar ata o un de outubro.

Bota o peche unha boa campaña da nécora con máis de cento trinta toneladas descargadas e dous millóns de euros facturados. En Ribeira, duplicouse o número de capturas con respecto ó pasado exercicio.

En canto ó prezo, a cotización non foi especialmente alta, cun prezo medio de catorce con cinco euros, con picos de suba en épocas destacadas como o Nadal ou o verán.

A partir de agora iniciase un período de veda que se prolongará ata o un de xullo. Con este paro, a Consellería do Mar busca favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro sobre esta especie. Xunto coa nécora prohíbese tamén a captura do santiaguiño que non volverá ás lonxas galegas ata o un de outubro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí