RIBEIRA> Avanzan a bo ritmo as obras da futura casa consistorial de Ribeira. A principios de mes, o concello recepcionaba a obra da envolvente exterior do inmoble. Queda pendente agora a reforma interior que estará rematada ó longo deste ano.
Rematada a reforma exterior da futura casa consistorial de Ribeira. O concello recepcionou esta semana a obra da envolvente térmica que implicará unha notable mellora da eficiencia enerxética coa instalación de paneis solares e o illamento térmico de todo o edificio coa instalación de dobre vidro. A actuación supuxo un investimento de máis de 2’2 millóns financiados polo Plan de Rehabilitación de Edificacións Públicas.
As obras avanzan ó ritmo previsto a pesar dos modificados do proxecto que foron necesarios ó comezo dos traballo cando se detectaron deficiencias estruturais que obrigaron a incluír máis vigas e elementos de carga.
Concluída a renovación exterior tan só queda pendente a reforma interior do inmoble que previsiblemente estará finalizada antes de que remate o ano. Suporá un investimento próximo ó millón de euros.











