BOIRO> A Asociación Boirense de Empresas celebrará este sábado unha nova edición da Noite Aberta inspirada no eclipse solar. Ademais do reparto de gafas homologadas para observar o evento astronómico, sortearanse diversos agasallos entre os clientes dos establecementos participantes.
O comercio e a hostalería de Boiro prepárase para vivir unha nova edición da Noite Aberta organizada pola ABE. será este sábado cando os negocios participantes permanezan abertos ata máis aló das dez da noite ofrecendo interesantes descontos e repartindo gafas para ver o eclipse solar que terá lugar en agosto entre os seus clientes Como xa é tradición, a ABE volverá sacar á rúa a súa ruleta da sorte na que poderán participar tódolos clientes cun ticket de compra dun mínimo de 10 euros. Repartiranse 1500 agasallos directos.
Haberá tamén un posto de palomitas e un stand informativo de BarbanTEA que colabora coa Noite Aberta para facela máis inclusiva e accesible á cidadanía, contando mesmo cun servizo de préstamo de auriculares para persoas con hipersensibilidade auditiva.
Ademais das actividades e actuacións programadas polos propios establecementos participamntes, o concello de Boiro contratou unha charanga para animar as rúas neste evento no que sempre colaborar polo sue carácter dinamizador da economía local. Os negocios participantes estarán identificados con globos rosas e negros co lema Somos Boiro..










