RIBEIRA> O escritor Antonio Piñeiro, coa novela ‘Celada’, gaña o Premio de Novela Curta Cidade Centenaria que organiza o concello de Ribeira. O certame está dotado cun premio de tres mil euros e a publicación da obra na editorial Xerais.
O salón de plenos do concello de Ribeira acollía esta mañá o acto de entrega do premio de Novela Curta Cidade Centenaria. Nesta ocasión, das once obras presentadas a esta sétima edición, o xurado elixíu, por unanimidade, a obra ‘Celada’ do escritor Antonio Piñeiro.
Para o autor, o premio significou unha inmensa ledicia, xa que se dá na cidade da que é natural e veciño.
Unha felicidade compartida tamén polo alcalde en funcións, Manuel Ruíz, xa que, ademais da amizade que o une co premiado, era a primeira vez das sete edicións celebradas ata o de agora, na que o autor premiado é do municipo.
A contía do premio ascende a tres mil euros e á publicación da obra será realizada na editorial Xerais, previsiblemente en setembro do ano que vén.