O PSOE de Rianxo demanda medidas para incrementar a seguridade viaria e cidadá

RIANXO> O PSOE de Rianxo vén de solicitar unha xuntanza co alcalde para analizar cuestións de seguridade no municipio. Ademais da alta sinistralidade nalgúns puntos de estradas autonómicas, os socialistas amosan a súa preocupación ante o incremento da inseguridade cidadá.

En materia viaria, os socialistas inciden na autovía do Barbanza e nas estradas de titularidade autonómica ó seu paso polo concello, instando á Xunta a acometer melloras urxentes, especialmente nos treitos que rexistran maior sinistralidade. Ademais do tramo entre Taragoña e o límite co concello de Dodro na vía de alta capacidade, chaman a atención sobre as numerosas incidencias rexistradas no cruce de Taragoña e Muíños na AC-305.

Durante a reunión, os socialistas plantexarán tamén a necesidade de artellar medidas a nivel municipal para incrementar a seguridade cidadá. Demandan maior presenza policial en zonas conflitivas.

A xuntanza terá lugar o próximo 3 de febreiro, 17 días despois, recalcan os socialistas, dende a súa solicitude.