Os Reis Magos reciben a centos de nenos pontevedreses

PONTEVEDRA> Xa o saben, cediño para a cama que as súas Maxestades teñen moito traballo que realizar nesta noite, a máis máxica do ano. E ademais de atender a nosa compañeira, os Reis Magos tamén recibiron a centos de nenos que se achegaron ata o Pazo de Mugartegui para lembrarlles as súas peticións para este ano.

Nervios, emoción, maxia iso foi o que puidemos ver esta mañá no Pazo de Mugartegui onde centros de nenos agardaban ansiados a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar, que chegaron preto das once da mañá en coches e acompañados do séquito real, onde tampouco podían faltar os seus camelos. Os peques estiveron agardándoos cos brazos abertos para lembrarlles cales son as súas peticións para este noite.

E os políticos, a concelleira de Festas e o alcalde da cidade, tamén aproveitaron a ocasión para facerlles ás súas peticións aos Magos de Oriente.

E os máis pequenos, puideron conversar, darlle un bico e lembrarlles o que piden neste ano. Eles, os peques da casa, puideron estar cos tres reis magos, pero o certo é que cada neno ten o seu rei preferido.

Melchor, Gaspar e Baltasar traballarán arreo nesta noite máxica para que ningún neno se quede sen xoguetes neste Nadal.