NOIA> A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou esta mañá o remate das obras de acondicionamento levadas a cabo na estación de autobuses de Noia. Na actuación a Xunta investiu uns 180 mil euros.
O reforzo da fachada e o teito, a renovación da cuberta da dársena ou a reparación dos canalóns da cuberta do edificio foron algunas das obras levadas a cabo na estación de autobuses noiesa. Unh actuación presupostada nuns 180 mil euros e que forman parte do Plan Renove executado pola Xunta en toda a comunidade.
Segundo sinalou a propia Ethel Vázquez a actuación ten principalmente dúas finalidades, mellorar o servizo que se lle presta os viaxeiros e contribuír ó fomento do transporte público.
O alcalde noiés, Santiago Freire, agradeceu o apoio da Xunta na realización desta importante actuación, que non é a única que desenvolve a Administración Autonómica no municipio.
A Conselleira anunciou tamén un investimento de preto de 300 mil euros na reforma da travesía de Noia, o que suporá unha mellora na seguridade viaria e favorecerá a mobilidade desta área. Concretamente no treito comprendido entre a propia estación de servizo e a igrexa de San Bernardo. Está previsto tamén darlle continuidade á senda executada na AC-550, en Orro á que se destinarán preto de 40 mil euros e cuxo inicio das obras se agarda para este primeiro trimestre do ano.