Arrinca a reforma da piscina de Cambados

CAMBADOS> Xa están en marcha os primeiros traballos da reforma da piscina de Cambados. Polo de momento, as obras son compatibles co uso das instalacións. Porén, o concello ten previsto o seu peche nuns 15 días, aínda que o goberno local xa abordou coa concesionaria a posibilidade de que os usuarios poidan empregar as instalacións de Vilagarcía.

Hoxe arrincaron en Cambados as tan agardadas obras da reforma integral da súa piscina. Polo de momento, os traballos que están en marcha só actúan sobre o terreo, o que permite manter o uso das instalacións.

Para o comezo do groso dos traballos haberá que agardar a principios do mes de marzo. Enton xa non será posible compatibilizar as obras co uso da piscina. Unha dificultade para o que o concello buscou unha solución: o uso das instalacións de Vilagarcía.

As obras prolongaranse ata finais deste ano, pero dende o concello de Cambados están convencidos de que os resultados pagarán a pena. Sobre todo, despois das dificultades que derivaron das carencias do proxecto preparado polo anterior goberno da Deputación.

A reforma da piscina cambadesa, que rolda os 2.000 usuarios, conta cun orzamento de 900.000 euros e cun prazo de execución de 11 meses.