Boas sensacións na reapertura da campaña marisqueira en Noia tralo Nadal

NOIA> Nesta primeira xornada de volta á actividade tralo peche habitual despois do Nadal a maioría dos mariscadores conseguiron recoller os topes establecidos polo pósito.

A actividade regresou esta mañá ós areais noieses despois do peche habitual tras o Nadal. Nesta primeira xornada os mariscadores apenas tiveron problema para recoller os topes marcados polo pósito de 15 quilos de berberecho e 5 de ameixa para os de a flote e dez de berberecho e 5 de ameixa para os de a pé.

Á espera dos resultados da subhasta, que se celebrará como é habitual pola tarde, os mariscadores confiaban en acadar un bo prezo, aínda que saben, que a estas añlturas do ano, despois das festas do nadal, o produto cotiza a baixa.

O pósito noiés acordou pechar unha pequena zona que estivo balizada na que había moita ameixa babosa de pequeno tamaño de cara a próximas campañas.